Reseña del libro "Os poetas galegos e Franco"
o presente volume, os poetas galegos e franco (estudio e antoloxía), e único no xénero. niguén recolleu nunha obra tantos poemas francófilos e tantos francófobos, e ninguén fixo un estudio político-literario dun corpus poético referido a franco. entre os apoloxistas de franco hai poetas sinceros (algúns non desdeñables), poetas retóricos e algún forzado a cantar desde as musas do medo. entre os francófobos (rexoubeiros ou execrdores) figuran algunhas das mellores musas satíricas de galicia: as mellores linguas viperinas de maldicir. xesús alonso montero (vigo, 1928), na actualidade catedrático de literatura galega na universidade de santiago de compostela e membro numerario da real academia galega, dirixiu, na nosa editorial, entre 1973 e 1980m dñuyas coleccións sobre temas e problemas galegos: ?arealonga? e ?arealonguiña?. estudioso, desde jai décadas, do feito lingüístico e literario galego, aborda esta problemática desde os presupostos do marxismo. aí están, entre outros libros, la palabra en la realidad (1963), realismo y conciencia crítica en la literatura gallega (1968), o que cómpre saber da lingua galega (1969), rosalía de castro (1972), imforme ?dramático- sobre la lengua gallega (1973), as palabras no exilio: biografía intelectual de luís seoane (1994), ensayos breves de literatura e política (1997) ...